Wednesday 15 de May de 2024

A Laracha acollerá unha acción formativa sobre o uso dos caixeiros impartida por Abanca


Celebrarase o martes 30 de maio. A inscrición debe formalizarse entre o martes e o xoves da próxima semana.

O Concello colabora con ABANCA na organización dunha sesión formativa sobre o uso de caixeiros automáticos que se levará a cabo no marco do programa de educación financeira da entidade bancaria.

A actividade vai dirixida ao colectivo das persoas maiores e tamén a aquelas que teñan dificultades no manexo e realización de operacións mediante o caixeiro.

A sesión formativa, impartida por persoal de ABANCA, celebrarase o martes 30 de maio en horario de 10:30 a 12:30 h no edificio de servizos múltiples da Laracha.

Para poder asistir requírese inscrición previa, que é gratuíta e debe formalizarse entre os días 23 e 26 de maio (do martes ao venres da próxima semana) acudindo ao edificio administrativo da Laracha ou chamando ao 981612811. Non se require ser cliente de ABANCA para anotarse.